Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31851

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a convocatoria do concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondente ás categorías de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Hospital Comarcal de Valdeorras.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondente ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial na Acta do 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, tras un proceso de negociación coa Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e no Decreto 163/2011, do 10 de xullo (DOG núm. 150, do 5 de agosto), polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Anunciar a convocatoria de traslados internos no Hospital Comarcal de Valdeorras, así como as súas bases reguladoras: baremo (anexo I), xunto coa relación de todos os postos que se poden solicitar en cada categoría profesional (anexo II), modelo de solicitude (anexo III), así como ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios e na intranet do Hospital Comarcal de Valdeorras.

O Barco de Valdeorras, 29 de maio de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras