Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31795

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2014.

Pola Orde do 12 de febreiro de 2014 (DOG nº 35, do 20 de febreiro), da Consellería de Traballo e Benestar establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2014.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión dos premios que serán obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobada a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 3 de xuño de 2014, e sen que fosen formuladas reclamacións,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2014 ás entidades que se indican a continuación:

Premios aos valores cooperativos a Amegrove, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio compartido ao mellor proxecto cooperativo a O Canto da Balea, Sociedade Cooperativa Galega e a Cooperativa de Cine y Documental, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á promoción do cooperativismo a Santa María do Val, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social