Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo se lle notifica a Racionalización de Servicios Navales, S.L. a Resolución do 25 de xuño de 2014 desta consellería, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (expediente CEI-SXT-2014/11).

Intentada a práctica da notificación a Racionalización de Servicios Navales, S.L. da Resolución do 25 de xuño de 2014 desta consellería, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida á dita persoa xurídica no ano 2009, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta en Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O órgano competente da Axencia Tributaria de Galicia notificaralle o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a data de notificación da presente resolución, ante a Axencia Galega de Innovación para a súa resolución pola Presidencia, de conformidade co exposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) e no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación.

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación:

Racionalización de Servicios Navales, S.L. CIF: B27703271.

Último enderezo coñecido: Centro de Negocios Agoramagna, oficina 8. Travesía da Coruña, 4. 36208 Vigo.

Data da resolución: 25 de xuño de 2014.

Asunto: expediente-CEI-SXT-2014/11. Resolución do 25 de xuño de 2014, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida a Racionalización de Servicios Navales, S.L. ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria