Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de xullo de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C 10/14 e dous máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2 andar, 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 10/14.

Denunciada: Josefa García Seoane.

VP-C 15/14.

Denunciada: Josefa González Barcia.

VP-C 13/14.

Denunciada: Salcar Floor, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.