Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización de contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: melloras do abastecemento de auga en Abeleda. A Teixeira (Ourense).

Número de expediente: OH.232.789.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 153, do 12 de agosto de 2013.

Orzamento base de licitación: importe neto: 194.554,31 euros. Importe total: 235.410,72 euros.

Data de adxudicación: 3 de xuño de 2014.

Importe de adxudicación: importe neto: 170.254,48 euros. Importe total: 206.007,92 euros.

Data de formalización do contrato: 6 de xuño de 2014.

Contratista: Construcciones Benigno Álvarez, S.L.

b) Descrición: rede de sumidoiros en Miñán-A Esperela. Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.982.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 153, do 12 de agosto de 2013.

Orzamento base de licitación: importe neto: 716.110,39 euros. Importe total: 866.493,57 euros.

Data de adxudicación: 3 de xuño de 2014.

Importe de adxudicación: importe neto: 622.729,59 euros. Importe total: 753.502,80 euros.

Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2014.

Contratista: Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable, actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento, tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control; e a indicada coa letra b) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual), actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios. «Unha maneira de facer Europa».

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, fóronlles debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia