Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-16/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-16/2014.

2. Obxecto do contrato: subministración e servizo para a implantación de novos paneis de sinalización variable para información do número de prazas de estacionamento de rotación libres nos aparcadoiros da área Urbana C (Mariñeiros, rolda de Outeiro e As Conchiñas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 155.640,59 € (IVE incluído), cofinanciado polo Feder nun 80 % dentro do ámbito do Proxecto integral de rexeneración urbana da Agra do Orzán.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de claúsulas administrativas.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública