Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31487

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (37/2012).

Na presente peza civil número 90/2014, dimanante do procedemento de execución hipotecaria número 37/2012 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, seguido a instancia do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria fronte a María Marcela Ordas Vidal e Fernando Vila Bugarín ditouse auto, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Maxistrados:

Francisco Javier Valdés Garrido.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Auto número 75.

En Pontevedra, 2 de abril de 2014.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A sala acorda:

Estímase parcialmente o recurso de apelación e revógase parcialmente o auto de instancia impugnado, no sentido de, malia confirmar a declaración de nulidade, por abusiva, da cláusula sexta do contrato que serviu de título executivo (escritura pública de préstamo hipotecario), que impón un xuro de mora do 19 % anual, acordar requirir a parte executante para que presente nova liquidación de xuros que aplique como tipo de xuro de demora o tipo de xuro, legal do diñeiro, todo iso sen facer especial imposición das costas procesuais da presente alzada.

Fágase devolución á executante recorrente do depósito constituído para poder recorrer en apelación.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados citados á marxe. Dou fe.

Seguen rúbricas. Certifico».

E encontrándose o devandito demandado, Fernando Vila Bugarín, en paradoiro descoñecido e para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 21 de maio de 2014

A secretaria xudicial