Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes sancionadores tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 4 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

Herjolufer, S.L.

IN635C 2013/136-2

Resolución

Lugo

Construcciones, Reformas y Acabados, S.L.

IN635C 2013/141-2

Resolución

Lugo

Kuanti Business, S.L.

IN635C 2013/148-2

Resolución

Lugo

Rubén González Folgueira

IN635C 2014/3-2

Proposta de resolución

A Pastoriza