Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de xuño de 2014 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns lotes de bens mobles e se declara deserta o resto deles.

Mediante Orde do 9 de abril de 2014 foi autorizado o alleamento mediante poxa dunha serie de bens mobles.

Logo de publicarse o 2 de maio de 2014 no Diario Oficial de Galicia número 83 o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados mobles, tivo lugar, o 11 de xuño de 2014, a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

A) A Luis García Campos os lotes que a seguir se describen:

1. Lote 1, polo prezo de 347,90 euros, composto por:

1) Cadea con camafeo cuncha e colgante grupo sanguíneo de ouro 750 mm.

2) Colar de hematites.

3) Dúas pulseiras de perlas de fantasía con peche de metal.

4) Anel con camafeo cuncha de ouro 750 mm.

5) Gargantilla de ouro 750 mm.

2. Lote 2, polo prezo de 517,51 euros, composto por:

1) Catro moedas holandesas de vinte e cinco céntimos e 1 moeda dun florín de prata.

2) Nove moedas suízas de medio franco de prata.

3) Colar de metal.

4) Dous colares de perlas sintéticas.

5) Colar de bixutaría de plástico.

6) Colar de bixutaría de cristal.

7) Colar de bixutaría de malla barbada metal.

8) Colar de perlas sintéticas.

9) Colar de bixutaría de plástico e metal.

10) Colar de bixutaría de cristal e metal.

11) Colar de bixutaría de metal e plástico.

12) Colar de bixutaría de metal e plástico.

13) Moeda de 2.000 pesetas de prata de Juan Carlos I.

14) Reloxo marca Longines señora de ouro 750 mm.

3. Lote 4, polo prezo de 343 euros, composto por:

1) Rosario de cristal e cruz de metal.

2) Pulseira de ouro 750 mm e coral.

3) Buda de coral montado en ouro 750 mm.

4) Cadea e medalla escapulario de ouro 750 mm.

4. Lote 5, polo prezo de 1.000 euros, composto por:

1) Reloxo marca Cima.

2) Un pendente de perla sintética e metal, perla solta sintética e pa catalá de ouro.

3) Alfinete de metal.

4) Pulseira con medalla gondoleiro de ouro 750 mm.

5. Lote 8, polo prezo de 1.050 euros, composto por:

1) Xogo composto por xemelgos e pasador de gravata en ouro 750 mm.

2) Pulseira media cana de ouro 750 mm con cadea de seguridade e medalla de circonitas.

3) Cadea e medalla escapulario de ouro 750 mm.

4) Tres alianzas de ouro 750 mm.

5) Anel de selo de ouro.

6. Lote 10, polo prezo de 950 euros, composto por:

1) Anel con zafiros sintéticos de ouro 750 mm.

2) Anel de ouro 750 mm reversible con ametista e centro de rubís sintéticos.

3) Reloxo de señora de ouro 750 mm.

4) Medalla con efixie Cristo e cordón de ouro 750 mm.

7. Lote 14, polo prezo de 197,40 euros, composto por:

1) Anel antigo de ouro 750 mm con brillante central 10,10 ct e catro diamantes talla roca.

2) Medalla de ouro 750 mm e esmalte.

8. Lote 15, polo prezo de 750 euros, composto por:

1) Broche de bixutaría.

2) Broche de follas de bixutaría.

3) Pendentes de ouro 750 mm con augamariñas.

4) Anel de ouro branco 750 mm con brillante central 0,15 ct aproximadamente, e ao redor 8 brillantes 0,06 ct aproximadamente.

9. Lote 17, polo prezo de 900 euros, composto por:

1) Cadea medalla escapulario e sempre xuntos de ouro 750 mm.

2) Cordón de ouro 750 mm.

10. Lote 20, polo prezo de 1.300 euros, composto por:

1) Medalla con Apóstolo de prata.

2) Pulseira malla barbada con moedas 750 mm.

3) Pulseira malla barbada de prata.

4) Pulseira filigrana charra.

5) Pulseira de metal.

11. Lote 25, polo prezo de 1.050,70 euros, composto por:

1) Colar de perlas Majorica.

2) Colar de perlas Majorica soltas.

3) Anel con augamariña de ouro 750 mm.

4) Medalla de ouro Ano Santo 1971 900 mm.

5) Medalla de ouro San José horóscopo e cadea de ouro 750 mm.

6) Medalla de ouro Inmaculada 750 mm.

7) Cadea de ouro 750 mm.

8) Cadea de ouro cruz con Cristo, tres medallas pequenas e figa 750 mm.

9) Cadeas de prata.

12. Lote 27, polo prezo de 385,70 euros, composto por:

1) Rosario en madeira e prata.

2) Medalla escapulario con cadea de ouro 750 mm.

3) Cadea de ouro con medalla virxe de nena 750 mm.

4) Anel de ouro con rubí natural e circonitas 750 mm.

5) Pendentes de ouro con lúa e estrela 750 mm.

6) Unha medalla do Corpiño de metal.

13. Lote 30, polo prezo de 127,40 euros, composto por:

1) Alianza de ouro 750 mm.

2) Alianza de ouro e ouro branco 750 mm.

14. Lote 31, polo prezo de 17,50 euros, composto por:

1) Par de pendentes de ouro 750 mm e zafiros sintéticos.

B) A Ana María Frutos Martínez os lotes que a seguir se describen:

1. Lote 6, polo prezo de 347,20 euros, composto por:

1) Pendentes de ouro amarelo e branco 750 mm con zafiros naturais e 36 brillantes 0,72 ct aproximadamente.

2) Anel e colgante de ouro 750 mm con topacio fumé.

2. Lote 7, polo prezo de 1.250 euros, composto por:

1) Pulseira de ouro 750 mm.

3. Lote 11, polo prezo de 172,03 euros, composto por:

1) Dous pares de pendentes con bola de prata.

2) Medalla milagrosa de prata.

3) Pendentes peche omega con perla cultivada de ouro 750 mm.

4) Pendentes con bóla con peche de rosca de ouro 750 mm.

5) Pulseira de moedas de Alfonso XIII caladas con filigrana charra prata.

4. Lote 12, polo prezo de 1.400 euros, composto por:

1) Gargantilla de ouro 750 mm.

C) A José Camilo Regueira Veiga os lotes que a seguir se describen:

1. Lote 9, polo prezo de 1.000 euros, composto por:

1) Cruz con Cristo de cobre.

2) Xemelgo prateado desaparellado de metal.

3) Anel de selo de prata.

4) Broche en forma de peixe de bixutaría de metal.

5) Pendentes de bixutaría.

6) Acendedor de metal cromado (Omega).

7) Medalla de nácara con cadea e montura de metal.

8) Pulseira de ouro con cinco moedas colgantes 750 mm.

9) Colar de cristal tres voltas e peche de metal.

10) Colar de bixutaría.

11) Colar de perlas sintéticas e peche de metal.

12) Colar de perlas sintéticas e peche de metal.

13) Insignia de solapa de prata da cidade da Coruña.

14) Reloxo de peto metal.

2. Lote 13, polo prezo de 1.860 euros, composto por:

1) Colar de perlas sintéticas deteriorado.

2) Pulseira de ouro 750 mm.

3. Lote 18, polo prezo de 1.700 euros, composto por:

1) Pendentes de ouro e ouro branco con perlas e zafiros brancos 750 mm.

2) Pendentes de ouro con perla cultivada e zafiros, anel de ouro branco e amarelo con diamantes talla antiga 750 mm.

3) Cruz de metal.

4) Pulseira de malla princesa de ouro con peza solta 750 mm.

5) Pendentes antigos con perlas cultivadas e zafiros.

6) Pendentes de ouro 750 mm.

7) Pendentes de ouro e zafiros 750 mm.

D) A José Ramón Manivesa Rilo o lote número 26 polo prezo de 200 euros, composto por:

1. Reloxo de peto de cor aceiro e esfera branca de marca Aero Watch con cristal deteriorado.

2. Reloxo de peto dourado de marca Thermidor.

3. Reloxo de peto de metal e esfera branca con tapa de marca Ives Renoid, sen cadea.

4. Anel de selo metálico sen selo nin gravación ningunha.

5. Anel antigo de ouro con zafiro branco 750 mm.

Segundo. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes lotes de bens mobles:

• Lote 3.

1. Anel de ouro deteriorado de 750 mm e pedras sintéticas.

2. Anel antigo deteriorado de ouro branco e amarelo de 750 mm con pedras sintéticas.

3. Cadea de ouro 750 mm.

4. Anel de prata deteriorado 925 mm.

5. Anel de prata con perliña sintética e cristal deteriorada.

6. Anel de ouro 750 mm con bola coral 8 mm.

7. Colar de bixutaría abelorios de cristal.

8. Pendentes de metal con abelorios de cristal.

9. Dúas pulseiras de ouro 750 mm.

10. Alianza de prata de tres pezas 925 mm.

11. Anel de prata de pedras sintéticas 925 mm.

• Lote 16.

1. Dúas alianzas de ouro 750 mm.

2. Pendente de bixutaría.

3. Selo de ouro 750 mm e rubí sintético.

4. Xogo de anel e pendente desaparellado de ouro branco, amarelo e circonita.

• Lote 19.

1. Reloxo mecánico de señora, Omega, caixa e armis de ouro, con cadea de seguridade e moeda de Alfonso XII 750 mm.

2. Cruz de metal.

3. Imperdible con moeda.

4. Alfinete de cristal.

5. Alfinete de perla.

6. Broche de fantasía.

7. Broche de fantasía.

• Lote 21.

1. Anel de ouro e ouro branco con rosa de Francia 750 mm.

2. Pulseira malla princesa de ouro 750 mm.

3. Broche de fantasía de metal con marcasitas.

4. Broche de fantasía.

5. Pulseira de malla Cartier con botafumeiro prata.

• Lote 22.

1. Cruz de prata con Apóstolo de marfil, cadea de ouro, cruz con zafiros tres facetas e horóscopo de ouro 750 mm.

2. Escrava malla húngara con horóscopo de ouro 750 mm.

3. Pulseira de ouro malla barbada con colgantes 750 mm.

4. Anel de ouro con pedra azul desprendida 750 mm.

• Lote 23.

1. Anel de ouro con perla cultivada xaponesa (mabe) 750 mm.

2. Broche de ouro con forma de folla e broche de ouro con rubí sintético e diamante talla tres facetas 750 mm.

3. Pendentes aro de ouro (criollas) 750 mm.

4. Xemelgos de metal.

5. Reloxo Casio deteriorado.

6. Reloxo Justina e reloxo Jean Bellve deteriorados.

7. Reloxo de peto de metal deteriorado.

8. Reloxo de aceiro Stowa mecánico deteriorado.

9. Pendentes de ouro 750 mm.

10. Broche con cristais.

• Lote 24.

1. Anel de ouro setenario 750 mm.

2. Anel de ouro e rubí sintético 750 mm.

3. Anel de ouro, rubí sintético e zafiros brancos tres facetas 750 mm.

4. Anel de ouro con amatista 750 mm.

5. Anel de ouro con cristal 750 mm.

6. Anel de ouro e prata, tresillo, con pequenos diamantes talla antiga 750 mm.

7. Anel de ouro con camafeo 750 mm.

8. Anel de ouro con moedas 750 mm.

9. Anel de ouro 750 mm.

10. Anel de ouro 750 mm.

11. Anel de ouro branco e amarelo con zafiros 750 mm.

12. Alianza de ouro 750 mm.

13. Alianza de ouro 750 mm.

14. Alianza de ouro deteriorada 750 mm.

• Lote 28.

1. Abrigo de mouton dourado.

• Lote 29.

1. Abrigo de visón reversible Demi Buff.

Terceiro. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. Os bens véndense no seu estado actual, sen que se admitan reclamacións ao respecto ou erros na súa descrición. A compravenda formalizarase en documento administrativo, agás que o comprador solicite a formalización dunha escritura pública, caso no que correrán da súa conta todos os gastos de formalización. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio