Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31343

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de xuño de 2014 pola que se gradúan os incumprimentos de condicións nos expedientes tramitados ao abeiro da Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, tramitadas para a convocatoria de 2014 mediante expediente anticipado de gasto e publicadas no Diario Oficial de Galicia número 230, do 2 de decembro de 2013.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 121, do 27 de xuño de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 29201, punto 2.a) do número primeiro do Resolvo, onde di: «a) Non darlle publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 13.g) das bases reguladoras»; debe dicir: «a) Non darlle publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 13.f) das bases reguladoras».