Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica ás interesadas o requirimento de documentación en relación cos centros de bronceado dos cales son titulares.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminitrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles as interesadas relacionadas no anexo a este anuncio o requirimento de documentación en relación á revisión periódica oficial por un organismo de control autorizado (OCA) para actuar na Comunidade Autónoma de Galicia, dos centros de bronceado de que son titulares.

Así mesmo, infórmase as interesadas de que, de non presentar a documentación requirida nun prazo máximo de dez días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, procederase á apertura do correspondente expediente sancionador, así como á precintaxe dos ditos aparellos de bronceado, segundo se establece no artigo 8 do Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Lugo, 4 de xullo de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Titular: Concepción Bergantiños Losada.

DNI: 34255193-M.

Nº centro bronceado: CB2700134-1.

Situación: rúa San Roque, 129, entresollado, Lugo.

Titular: Ana Toirán Somoza.

DNI: 33542360-B.

Nº centro bronceado: CB2700174-1.

Situación: rúa Calvo Sotelo, 102-104, entresollado, Sarria, Lugo.