De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 24 de xuño de 2014
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-46/2014 RE.
Denunciado: Ustilio R. da Silva Maia.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-48/2014 RE.
Denunciado: Bruno Bello Vilas.
Acto notificado: acordo de incoación.