Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José Antonio Lamelas García.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 119/2014 (procedemento abreviado), interposto por José Antonio Lamelas García contra a Resolución do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), modificada pola Resolución do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 (DOG núm. 43, do 4 de marzo).

O recorrente solicita que se anule en concreto o anexo III da citada resolución e que se condene a Administración demandada a ofertar a totalidade de prazas vacantes na especialidade de Médico de Atención Primaria existentes na data da convocatoria do concurso de traslados.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos