Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á autorización ambiental integrada concedida para a actividade industrial que se relaciona a continuación e que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (2º andar).

– Resolución do 23 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Gestamp Vigo, S.A. para a planta de produción de pezas por estampaxe mecánica e conxuntos metálicos por ensamblaxe, soldadura e pintado por electrodeposición no polígono industrial das Gándaras, no concello do Porriño, provincia de Pontevedra. Nº de rexistro AAI 2013-IPPC-8-263.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental