Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico nas bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.488.340.SV).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.488.340.SV.

2. Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público
https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7 e 45246200-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S151, do 6 de agosto; Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 7 de agosto, e Boletín Oficial del Estado núm. 189, do 8 de agosto de 2013.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 1.556.171,56 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

6. Orzamento base de licitación. Importe neto: 778.085,78 euros. Importe total: 941.483,79 euros. Esta actuación cofinanciaraa nun 80 % a Unión Europea no período do 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos); actuación 3.53.3: recuperación, limpeza e drenaxe de canles. «Unha maneira de facer Europa».

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 6 de xuño de 2014.

c) Contratista: Otero Forestal, S.L. & Servicios Medioambientales, S.L.N.E., Unión Temporal de Empresas Lei 19/1982.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 692.029,49 euros. Importe total: 837.355,68 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

8. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia