Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública (expediente 2010/311).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2010/311, tramitado por instancia de Meleagro, S.L., para a concesión de licenza dun edificio para hotel apartamentos que se instalará na avenida de Peinador, 20, na parroquia de Tameiga deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que considere conveniente.

Mos, 9 de xuño de 2014

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo