Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31016

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014 pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, mediante a Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro).

A última actualización dos seus membros realizouse mediante a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 29 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 10 de maio). Malia non ser excesivo o tempo transcorrido desde entón, a intensa actividade da Xunta Arbitral, que ten que atender un número cada vez maior de asuntos, aconsella nutrir suficientemente a súa composición, en especial no que se refire á presidencia e as vogalías que actúan en representación da Administración. Desta maneira, asegúrase o seu correcto e eficaz funcionamento, mesmo ante eventuais abstencións ou recusacións dos seus membros.

A modificación afecta unicamente os membros do órgano arbitral que representan a Administración pero, por motivos de claridade, considérase axeitado reproducir nesta resolución a súa composición completa.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia as persoas que a continuación se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

1.2. Suplentes:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Concesións da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Concesións da Dirección Xeral de Mobilidade.

2.1.2. Suplentes:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Mobilidade.

– As persoas titulares das xefaturas dos servizos de Mobilidade das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de viaxeiros e viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Vacante.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– José Manuel Maceira Blanco.

2.6.2. Suplente:

– Vacante.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico da Dirección Xeral de Mobilidade.

3.2. Suplentes:

– As persoas designadas nesta resolución para ocupar, xa sexa como titulares ou como suplentes, as vogalías da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia en representación da Administración.

Segundo. A designación dos membros correspondentes á Administración entenderase condicionada a que as persoas que ocupen os postos indicados teñan o título de licenciado en dereito ou equivalente.

Terceiro. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que se celebren a partir do día 1 de agosto de 2014; para os anteriores a esa data, entenderase aplicable a composición vixente ata entón. En todo caso, para ditar laudos correspondentes a vistas celebradas con anterioridade á dita data, entenderase aplicable a composición vixente no momento de celebrarse a vista oral.

Cuarto. En caso de modificación da estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que dea lugar a unha alteración dos órganos ou unidades a que se refire esta resolución, as súas mencións entenderanse feitas a aqueles que os substitúan.

Quinto. Derrógase a Resolución do 29 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

María Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade