Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31040

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se publica un acordo en relación ao desenvolvemento do segundo exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG número 33, do 18 de febreiro), modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (DOG número 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (DOG número 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, en relación coa realización do segundo exercicio da oposición, adoptou o seguinte acordo:

Os aspirantes serán provistos polo tribunal de máquina calculadora e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Patricia Tabarés Obenza
Presidenta do tribunal