Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 31003

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (AS-1/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: AS-1/2014.

2. Obxecto do contrato: servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal mediante diversas modalidades (servizo de canguros municipais) por lotes. Duración: dous anos prorrogables por un ano máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo do contrato para os dous anos de duración (incluídos os dous lotes): 391.096,25 € (IVE 10 % incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, que finalizarán ás 13.00 horas. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública