Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (DSP 307/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 307/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Clara Ramos Picón contra Servanza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, foi ditada a sentenza nº 229 cuxos encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Clara Ramos Picón, asistida polo letrado Sr. Nouche Ferreira, contra a mercantil Servanza, S.L., que non compareceu a pesar de constar debidamente citada, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debidamente representado polo letrado do Fogasa Sr. Crespí Rodríguez, foi ditada a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

(…)

Resolvo:

Que estimo a demanda interposta por Clara Ramos Picón contra a mercantil Servanza, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da actora efectuado con efectos do 7 de febreiro de 2014, e condeno Servanza, S.L. a optar, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza a razón de 34,79 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 5.148,93 euros.

Advírtese a Servanza, S.L. que, en caso de non optar pola readmisión ou a indemnización, se entende que procede a primeira.

Non hai lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á presente notificación segundo establece o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

A secretaria xudicial