Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0056 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0056.

Interesada: Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0006.

Interesada: Barral Iglesias Silleda, S.L.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.