Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Zona Norte (clave OH.988.332.SV), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.988.332.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Zona Norte.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4 e 72310000-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S88, do 7 de maio de 2013; Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 8 de maio de 2013 e Boletín Oficial del Estado núm. 113, do 11 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.255.552,18 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.127.776,09 euros. Importe total: 1.364.609,07 euros. Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control de verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2014.

c) Contratista: S.A. de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 990.187,41 euros. Importe total: 1.198.126,77 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia