Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014 pola que se modifica a Resolución do 6 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria, do contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente 4/2014/CNTOB), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2007-2013).

missing image file

No punto 5 da Resolución do 6 de xuño de 2014, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 112, do 13 de xuño de 2014, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras que se citan (expediente 4/2014/CNTOB), disponse que os pregos e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil de contratante.

Detectado un erro material no contido do cadro de características do contrato (CCC) que rexerá a licitación das obras de finalizacion das obras do edificio de servizos náuticos en Pontedeume (A Coruña), con clave 4/2014/CNTOB, descritas no punto 6 da devandita Resolución do 6 de xuño de 2014, o 2 de xullo de 2014 apróbase unha modificación do contido dos puntos 6.1, 6.2, 6.3 e 6.4 do devandito CCC, deixando sen efecto o disposto neles e aprobando unha nova redacción do CCC, que queda do seguinte modo:

– No punto 6. do CCC, referido a requisitos específicos do contratista, onde di:

«– 6.1) Clasificación exixida: C-2-C.

– 6.2) Solvencia obrigatoria: non procede.

– 6.3) Outros requisitos de capacidade, de ser o caso: non procede.

– 6.4) Clasificación substitutiva para efectos de solvencia: non procede».

Debe dicir:

«– 6.1) Clasificación exixida: non se exixe.

– 6.2) Solvencia obrigatoria: por non resultar exixible a clasificación, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e a técnica e profesional conforme o disposto na cláusula 3-3-2 do PCAP.

– 6.3) Outros requisitos de capacidade, de ser o caso: non procede.

– 6.4) Clasificación substitutiva para efectos de solvencia: C-2-C».

Sobre a base desas modificacións cómpre efectuar a seguinte corrección no contido do anuncio de licitación:

– Na páxina 27012, no punto 6, onde di:

«Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: C-2-C.

a) Solvencia económica e técnica: non se exixe».

Debe dicir:

«Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Clasificación substitutoria: C-2-C.

c) Solvencia económica e técnica: de acordo coa cláusula 3.3.2 do PCAP».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1) Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 981 95 70 25.

2) Enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=20586

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar as obras de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia