A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir 1 (unha) praza mediante contrato de remuda ao 75 % da xornada.
– 1 praza de responsable de Infraestruturas-Concurso-oposición.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 (quince) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizará no seguinte día hábil.
Vigo, 1 de xullo de 2014
Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo