Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANUNCIO do 26 de xuño de 2014 polo que se empraza a José María Fernández Varela-Villamor e a Susana Fernández Varela-Villamor para seren notificados por comparecencia en relación coas súas solicitudes.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ignórase o lugar de notificación e ao non ter sido posible a notificación, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Departamento Xurídico), sitas no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte e teráselles por desistidos das súas solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2014

José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Interesado

NIF

Acto de notificación

José María Fernández Varela-Villamor

33330457F

Notificación de requirimento relativo á súa solicitude

Susana Fernández Varela-Villamor

33330456Y

Notificación de requirimento relativo á súa solicitude