Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de axuda do plan de mellora 27/00457/06 e 27/50270/07.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller o respectivo acordo no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás14.00 horas, para coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as interesadas poderán presentar cantas alegacións e documentos consideren convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se a beneficiaria non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 27/00457/06, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

– Interesada: Muinelo Alta Selección, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Adai, 27162, O Corgo, Lugo.

2. Procedemento: expediente número 27/50270/07, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesada: Fernández Valle, María del Carmen.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: O Pacio, 2, 27278, Castro de Rei, Lugo.