Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30627

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de xuño de 2014 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Aguiño do concello de Ribeira.

De conformidade co previsto no artigo 8.1º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Código: 15014261.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Aguiño.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Heroínas de Sálvora.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria