Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (750/2012/0001).

Procedemento de orixe: despido/ceses en xeral 750/2012.

Sobre ordinario.

Demandante: José Antonio Castro Santiso.

Avogada: Alicia Muíño Pose.

Demandado: Fondo de Garantía Salarial.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que, por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso contra Marcial García, S.L. e Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. rexistrado co número PMC 750/2012/0001 se acordou citar a Marcial García, S.L. e Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 28 de xullo de 2014 ás 9.40 horas para a celebración da comparecencia acordada (artigo 734 LAC), podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Marcía García, S.L. e Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

A secretaria xudicial