Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación do domicilio social de INEO Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo alcanzado o 14 de maio de 2014, que consiste na modificación do domicilio social, que pasa a ser en Parque Empresarial Porto do Molle, Edificio Centro de Negocios. Oficina 1.19. Rúa das Pontes, vía A, nº 4, Nigrán.

– Denominación: INEO Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: todas aquelas persoas xurídicas que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.

– Asinantes: Jorge Cebreiros Arce (presidente) e César Blanco Gómez (secretario).

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social