Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, pola que se somete a información pública a versión preliminar do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e o estudo ambiental estratéxico do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental,

RESOLVO:

Someter a información pública a versión preliminar do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e o estudo ambiental estratéxico do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante un prazo de corenta e cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

A versión preliminar do programa e o estudo ambiental estratéxico encóntranse á disposición do público nas oficinas da Subdirección Xeral de Planificación, pertencente á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña), ou ben pódense consultar na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-2014-2020/principio-de-asociacion), durante o período mencionado, no que os interesados poderán examinalos e formular as observacións que crean convenientes.

As alegacións ou observacións deberán formularse utilizando o modelo resposta aos documentos de consulta da programación do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 ou ben a través do enderezo de correo electrónico programacionffg@conselleriadefacenda.es

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

Miguel Corgos López-Prado
Director xeral de Planificación e Orzamentos