Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de xuño de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona acordo de admisión a trámite en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Sara María Santos Ferreiro).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase acordo de admisión a trámite en relación coa terzaría de dominio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

NIF

Enderezo

Procedemento

Sara María Santos Ferreiro

33843898L

A Agrela, número 31, Biduído

15895 Ames (A Coruña)

Terzaría de dominio