Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 30 de abril de 2014 recaída no expediente sancionador en materia de xogo número OU-16/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Serafín Vázquez Costa, en relación co expediente sancionador en materia de xogo OU-16/13, que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-16/13.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445Y.

Último enderezo coñecido: rúa das Hortas, 39, 4º B, Lugo.

Data da resolución: 30 de abril de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: leve, artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: apercibimento.