Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30119

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2014.

Por Resolución do 28 de outubro de 2010 da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios o que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notorio e exemplar no ámbito deportivo de Galicia ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 26 de xuño,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2014 ás seguintes persoas, entidades e eventos: Fernando Bouso Caiña, José García Calvo, José Luis Gómez Llamas, Josefina Salgado Pérez, Ramón Rodríguez Suárez, Indalecio Iglesias Ferreiro, Francisco Zas Couce, Francisco Buyo Sánchez, Iván Raña Fuentes, José Pulpeiro Doval, Mariano Castiñeiras Vilaseca, Carlos Pérez Alonso, Estela Estévez Barreiro, José Armando Ufarte Ventoso, Eleuterio Ángel García Rodríguez, Franco Cobas González, Alejandro Gómez Cabral, María Jesús Sangüos Espiña, Andrés Díaz Díaz, Manuel Rosales Touza, Luis Pena Neira, María José Martínez Patiño, Jorge Luis Valcárcel Pérez, Rodrigo Costas Rodríguez, Fernando Rey Tapias, Club Ourense Baloncesto, Colegio Liceo La Paz, Karbo Deportivo, Carreira Popular Ferreirúa, Caixa Rural Galega, Club de Mar Ría de Aldán, El Corte Inglés, Medio Maratón Gran Bahía Vig Bay, El Correo Gallego (Carreira Pedestre Popular de Santiago), Club Cisne Balonmano.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2014

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia