Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada para a subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante ano 2014, dous lotes (expediente 22/2014/proposta 17/14-I).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2014.

c) División por lotes e número: si, dous lotes.

d) Prazo de execución/entrega: os prazos de entrega son os seguintes:

Lote 1: primeira entrega: nun máximo de 7 días naturais desde o seguinte á sinatura do contrato.

Entregas sucesivas: nun máximo de 36 horas desde a notificación da entrega.

Lote 2: primeira entrega: nun máximo de 4 días naturais desde o seguinte á sinatura do contrato.

Entregas sucesivas: nun máximo de 36 horas desde a notificación da entrega.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35111520-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: avaliables de forma automática.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1: importe neto: 84.000,00 €, IVE (21 %): 17.640 €. Importe total: 101.640 €.

Lote 2: importe neto: 120.400,00 €, IVE (21 %): 25.284 €. Importe total: 145.684 €.

Valor estimado: lote 1: 84.000,00 €; lote 2: 120.000,00 €.

Valor estimado total: 204.400 €.

5. Financiamento: Fondos Propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: lote 1: 4.200,00 €; lote 2: 6.020,00 € (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 54 74 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20695

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar