O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou o 20 de novembro de 2007 a proposta do Programa Oficial de Posgrao de Enxeñaría da Construción para o curso 2008/09, que incluía o título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais. Tras a dita aprobación, a universidade iniciou os trámites necesarios para obter a verificación por parte do Consello de Universidades e a autorización da Comunidade Autónoma, e resultou finalmente aprobado en Consello de Ministros o 15 de abril de 2011 e rexistrado no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O plan de estudos correspondente foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 28 de maio e no Diario Oficial de Galicia do 22 de maio de 2012.
O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 26 de abril de 2011, pola que se publica o acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de máster e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (Boletín Oficial del Estado do 11 de maio). A sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4) do 28 de xaneiro de 2014 estimou o citado recurso e decidiu a anulación do Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011, en canto que declara oficial a denominación de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais outorgada pola Universidade de Vigo.
Unha posterior sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo Sección 1 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, con data do 9 de abril de 2014, estima o recurso interposto polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España contra a Resolución do 21 de abril de 2012 da Universidade de Vigo (Boletín Oficial del Estado do 28 de maio) pola que se aprobou o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais, anulando esta.
Para dar cumprimento a estas sentenzas, a Universidade de Vigo aprobou o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción, que obtivo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia con data do 29 de abril de 2014 para a nova denominación e a súa inclusión no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
Polo exposto, esta reitoría, en virtude do disposto no artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o anterior, resolve ordenar a publicación do mencionado cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción pola Universidade de Vigo, así como a publicación do plan de estudos correspondente.
Esta resolución deixa sen efecto a Resolución do 21 de abril de 2012, pola que se publicou inicialmente o plan de estudos do título agora modificado (Boletín Oficial del Estado do 28 de maio).
Vigo, 10 de xuño de 2014
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría da Construción
Rama de Coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
50 |
Optativas |
0 |
Prácticas externas |
0 |
Traballo fin de máster |
10 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materias |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Recursos Humanos e Prevención de Riscos |
4 |
Obrigatorio |
Común |
Xestión de Proxectos |
3 |
Obrigatorio |
|
Xestión Interna da Empresa |
3 |
Obrigatorio |
|
Documentación de Proxectos e Obras |
4 |
Obrigatorio |
|
Dereito Urbanístico |
3 |
Obrigatorio |
|
Sustentabilidade na Construción |
3 |
Obrigatorio |
|
Patoloxía, Rehabilitación e Reforzo |
3 |
Obrigatorio |
Estruturas |
Xeotecnia Aplicada, Cimentacións e Estruturas de Contención |
4 |
Obrigatorio |
|
Sistemas de Pretensado e Postesado. Prefabricación |
3 |
Obrigatorio |
|
Análise Dinámica |
3 |
Obrigatorio |
|
Estruturas de Aceiro e Mixtas |
5 |
Obrigatorio |
|
Cálculo Estrutural. Aplicación do Método de Elementos Finitos |
4 |
Obrigatorio |
|
Estruturas de Fábrica e de Madeira |
3 |
Obrigatorio |
|
Estruturas de Formigón Armado |
5 |
Obrigatorio |
|
Instalacións Eléctricas |
6 |
Obrigatorio |
Instalacións |
Instalacións Contraincendios |
3 |
Obrigatorio |
|
Acústica e Ruído |
3 |
Obrigatorio |
|
Instalacións de Abastecemento e Saneamento |
3 |
Obrigatorio |
|
Instalacións Térmicas |
6 |
Obrigatorio |
|
Instalacións de Telecomunicacións |
3 |
Obrigatorio |
|
Instalacións de Gas e Aire Comprimido |
3 |
Obrigatorio |
|
Instalacións Complementarias |
3 |
Obrigatorio |
|
Traballo fin de máster |
10 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción. Especialidade Estruturas, o alumnado deberá superar os 20 ECTS do módulo Común, 30 do módulo de Estruturas e 10 do traballo fin de máster.
Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción. Especialidade Instalacións, o alumnado deberá superar os 20 ECTS do módulo Común, 30 do módulo de Instalacións e 10 do traballo fin de máster.