Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada mediante procedemento aberto, do contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación da asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade desde o 15 de decembro de 2014 ata o 14 de decembro de 2015, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato privado de servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) co obxecto de garantir a prestación da asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade desde o 15 de decembro de 2014 ata o 14 de decembro de 2015, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

c) Prazo de execución: 12 meses contados a partir do inicio do período de cobertura.

d) Admisión de prórrogas: si. Poderá prorrogarse dous anos máis, por períodos de 12 meses.

e) CPV: 6651000-8 Servizos de seguros.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 3.000.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.000.000,00 €, (exento IVE) conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2014: 50.000,00 €.

Ano 2015: 950.000,00 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20694

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 21 de xullo de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela), fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de Contratación Pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 10 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte