Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento do portal do eido do consumo da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 130/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 130/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento do portal web do Instituto Galego de Consumo do ámbito do consumo da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 8 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 81.680,00 €, máis 17.152,80 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 98.832,80 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

• 2014: 61.260,00 € + IVE (12.864,60 €) = 74.124,60 €.

• 2015: 20.420,00 € + IVE (4.288,20 €) = 24.708,20 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20711

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

(Delegación de sinatura do 25.6.2014)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file