De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle por anuncio no DOG a resolución do procedemento ao interesado que se sinala no anexo.
O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio do interesado –se radica en Galicia–, á elección deste, no prazo de dous meses contados desde a dita data.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Expediente: 83/I/13 (IN 635C 2013/108-2).
Interesada: Comunidade de Propietarios r/ Dalmiro de la Valgoma, 11, Monforte de Lemos (Lugo).
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.