De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, empránzase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo, 6 de xuño de 2014
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2014/008.
Denunciados: Plesca Raul Stefan e Marius Alin Mihail.
Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2014/026.
Denunciada: Alimentos Lácteos, S.A.
Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.
Expediente: LU-RES 2014/081.
Denunciado: Ionel Stefan.
Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.