Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2014 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (María Mercedes Ferro Coira, Marcos Cerdedo Castro e Jorge Carlos Abuín Rodríguez).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado número 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas para proxectos de enerxías renovables: caldeiras de biomasa (IN421D).

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, situada na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Anexo

Código de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421D/13R75

María Mercedes Ferro Coira

Requirimento de emenda de defectos na xustificación

IN421D/13R1500

Marcos Cardero Castro

Resolución de arquivamento con perda do dereito ao cobramento da axuda

IN421D/13R1990

Jorge Pablo Abuín Rodríguez

Resolución denegatoria con perda do dereito ao cobramento da axuda