Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO (expediente 7355/13).

Conforme o disposto no artigo 92 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Lalín, en sesión do 26 de maio de 2014, aprobou definitivamente o estudo de detalle, obxecto do expediente 7355/13, como paso previo á concesión de licenza de obra de mantemento e conservación de muro lindeiro entre propiedades, sito na parte posterior do predio sita na rúa das Camelias número 5, de Lalín, promovido por Cecilia Taboada González e redactado, con data de decembro de 2013, pola arquitecta M. Celia Bernárdez Nogueira (Col. 3452 COAG).

Con data do 12 de xuño de 2014 foi comunicada esa aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con remisión da documentación exixida polo citado precepto.

Contra o referido acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lalín, 12 de xuño de 2014

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo