Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a María Mato Lence o requirimento de documentación en relación co centro de bronceado CB2700235-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminitracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a María Mato Lence (Silueta 10), con DNI 33309395-J, o requirimento de documentación en relación á revisión periódica oficial por un organismo de control autorizado (OCA) para actuar na Comunidade Autónoma de Galicia, do centro de bronceado con número CB2700235-1 situado na rúa Teniente Coronel Teijeiro, 3, baixo, de Lugo, do que é titular.

Así mesmo, infórmase a interesada de que, de non presentar a documentación requirida nun prazo máximo de dez días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, procederase á apertura do correspondente expediente sancionador, así como ao precintado do devandito aparello de bronceado, segundo se establece no artigo 8 do Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Lugo, 19 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo