Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un afectado para o trámite de audiencia nun expediente de resolución de erro nas bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por non poder realizarse a notificación no domicilio, despois de dous intentos, emprázase a Juan Fenollera Velón para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña