Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 111, do xoves 12 de xuño de 2014, cómpre efectuar as seguintes modificacións:
No anexo I, admitidos definitivos, disciplina 590005-Xeografía e Historia:
Excluír a opositora que figura como nº 31, Freire Labrada, Montserrat, DNI 33326390B que pasa a formar parte do anexo II, excluídos definitivos, na quenda B e pola causa de exclusión nº 2.
Incluír na orde alfabética correspondente, na quenda libre, a «Alexandre Teixeiro, Paula, DNI 32696847R, exenta das probas de castelán e galego» que debe ser eliminada no anexo II, excluídos definitivos.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos