Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xuño de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/47/2013-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 20 de marzo de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Margarita Boto Gómez, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a pereceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha nave con tipoloxía industrial e muros de contención de terras, no lugar do Rabiño, no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que concrete os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística