Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1355/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Susana Vilar Fernández, José Ramón Fernández Vilariño, Isabel Fernández Martin contra Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Francisco Javier Muñoz Moros, Rocío Sampedro Martin, Roberto José Rota Venera, María Luisa Gimeno Adamez, Biotoner R Sistemas Ecológicos, S.L., Ileana Beatriz Rota Rago, en reclamación de cantidade, rexistrado co número 1355/2009, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da Sentenza do 28 de setembro de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no encabezamento da referida sentenza, así como na decisión desta, se faga constar, entre os demandados, a empresa Biotoner R Sistemas Ecológicos, S.L., e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo.

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Rocío Sampedro Martin, Roberto José Rota Venera, María Luisa Gimeno Adamez, Biotoner R Sistemas Ecológicos, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de xuño de 2014

A secretaria xudicial