Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29174

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 26 de xuño de 2014 pola que se ditan actos dirixidos á constitución e posta en funcionamento da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Mediante o Decreto 40/2014, do 20 de marzo, créase a Axencia Galega de Servizos Sociais e aprobánse os seus estatutos, ente instrumental da Administración autonómica que ten por obxecto a xestión dos servizos públicos en materia de servizos sociais, de acordo co previsto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

No devandito decreto establécese que a constitución da axencia se producirá coa celebración da sesión constitutiva do Consello Reitor.

Os membros do Consello Reitor, nos termos establecidos polo artigo 10 do anexo, estatutos da Axencia Galega de Servizos Sociais, do referido Decreto 40/2014, do 20 de marzo, serán nomeadas/os pola persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais e estará integrado polas/os seguintes membros:

a) A persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais, que o presidirá.

b) A persoa titular da Dirección da Axencia que desempeñará a Vicepresidencia e substituirá a presidenta ou o presidente en casos de ausencia, enfermidade ou outra causa legal.

c) Nove persoas en representación da Administración autonómica, que deberán ter, como mínimo, o rango de directora/director xeral ou equivalente.

d) Cinco persoas en representación dos concellos de Galicia, cuxo nomeamento e cesamento se realizará por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Unha vez efectuadas as designacións dos membros de acordo co establecido na devandita norma, procede facer o seu nomeamento, que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear membros do Consello Reitor da Axencia Galega de Servizos Sociais as seguintes persoas:

a) En representación da consellería con competencias en materia de servizos sociais:

1. Membro titular: Mª Jesús Lorenzana Somoza, secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Membro suplente: Mª Aránzazu Portabales Santomé, vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

2. Membro titular: Coro Piñeiro Vázquez, secretaria xeral de Política Social. Membro suplente: Mª del Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna.

3. Membro titular: Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Traballo e Economía Social. Membro suplente: Jorge Barros de la Peña, subdirector xeral de Fomento da Contratación e do Traballo Autónomo.

4. Membro titular: Ana Mª Díaz López, directora xeral de Emprego e Formación. Membro suplente: Mª Luisa Mallo Fernández, subdirectora xeral das Cualificacións.

5. Membro titular: Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado. Membro suplente: Alberto José Otero Pena, subdirector xeral de Voluntariado e Participación.

6. Membro titular: Mª Adela Quinzá-Torroja García, directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Membro suplente: Patricia García Antelo, subdirectora xeral de Administración e Persoal.

b) En representación da consellería competente en materia de sanidade. Membro titular: Félix Rubial Bernárdez, director xeral de Asistencia Sanitaria. Membro suplente: Teresa Queiro Verdes, subdirectora xeral de Planificación e Programación Asistencial.

c) En representación da consellería competente en materia de educación. Membro titular: José Manuel Pinal Rodríguez, director xeral de Centros e Recursos Humanos. Membro suplente: Pilar García Otero, vicesecretaria xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) En representación da consellería competente en materia de facenda. Membro titular: Miguel Corgos López-Prado, director xeral de Planificación e Orzamentos. Membro suplente: Víctor Manuel Tubío Villar, subdirector xeral de Custos de Persoal.

e) En representación dos concellos de Galicia:

1. Membro titular: Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín. Membro suplente: Mª Paz Pérez Asorey, concelleira de Lalín.

2. Membro titular: Rosa Martínez Beceiro, concelleira de Ferrol. Membro suplente: Perfecto Rodríguez Muíños, alcalde de Ponte Caldelas.

3. Membro titular: Margarita Martín Rodríguez, concelleira de Ourense. Membro suplente: Ana Mª Garrido Rodríguez, concelleira de Ourense.

4. Membro titular: Concepción Sande Noia, concelleira de Muros. Membro suplente: Sandra Maneiro Pais, concelleira de Muros.

5. Membro titular: María Carme Fouces Díaz, concelleira de Pontevedra. Membro suplente: Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar