Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28893

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2014 pola que se publica o convenio de colaboración asinado no primeiro cuadrimestre de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publícase o convenio de colaboración que asinou o Fondo Galego de Garantía Agraria no primeiro cuadrimestre de 2014, que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega do Fogga

Convenio entre o Fogga e a entidade de aconsellamento de explotacións agrarias Asociación O Carballo

Establecer as condicións en que deberá desenvolverse a colaboración entre as partes asinantes para a tramitación dos procedementos incluídos na xestión das solicitudes unificadas PAC-DR, que están habilitados para a súa presentación por vía electrónica.

10.3.2014

Sen achega económica