Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns (FGAMT).

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentaron os novos estatutos da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns (FGAMT), nos cales se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no III Congreso celebrado en Vigo o día 30 de novembro de 2013.

– Denonimación: Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns (FGAMT).

– Ámbito profesional: traballadores/as en activo ou no paro afiliados á CIG, pertencentes ás actividades económicas encadaradas dentro desta federación.

– Asinantes da acta: Manuel Camiño Mouzo e Cristian López Carmona.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social