Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-86/2013 RE.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 3 de xuño de 2014

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-86/2013 RE.

Denunciado: Sergiu Constantin Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.